Deportes
O Sevilla destitúe a Manolo Jiménez
O club hispalense leva sete partidos sen gañar e este martes non pasou do empate ante o pechacancelas. Luís Aragonés poder ser o seu substituto
Categorias: Bloque lecer, Deportes
Hoxe Galiza-Libia, de fútbol sala ás 20h00
A selección galega de fútbol sala enfróntase a Libia a partir das 20h00 no Pavillón municipal de deportes de Guitiriz. Este partido foi promovido pola Deputación de Lugo.
Categorias: Bloque lecer, Deportes
Xosé Cuba, prata no Campionato Internacional de Chipre
O loitador Xosé Cuba Vázquez, único representante galego na Selección Estatal de Loitas Olímpicas, acaba de acadar a medalla de prata no campionato internacional de Nikolakion, na cidade Chipriota de Lárnaca, na categoría de menos de 120 quilos en Loita Libre Olímpica.
Categorias: Bloque lecer, Deportes
Monforte acollerá desde mañá a final da Copa da Raíña de voleibol
Categorias: Bloque lecer, Deportes
O Lobelle perde a Rubi tres semanas
O xogador sufriu unha rotura fibrilar no recto anterior da coxa dereita ante o Benicarló
Categorias: Bloque lecer, Deportes
Celso Míguez, ante o reto máis importante
O pontevedrés debuta na categoría Auto GP, antesala da Fórmula Un
Categorias: Bloque lecer, Deportes
Duras críticas ás sancións por blasfemia na liga italiana
A Fifpro fala de "violación de dereitos"
Categorias: Bloque lecer, Deportes
Alonso di que no circuíto de Melburne parten de cero
O español, líder do Mundial, precavido
Categorias: Bloque lecer, Deportes
Messi ingresa 33 millóns
A estrela arxentina do FC Barcelona é o xogador mellor pagado do mundo por diante de David Beckham e de Cristiano Ronaldo
Categorias: Bloque lecer, Deportes
O Celta tira da canteira
O adestrador Eusebio Sacristán, que está negociando a súa renovación, decidiu que o mozo galego Toni pase a formar parte do primeiro equipo a vindeira temporada
Categorias: Bloque lecer, Deportes
O Xacobeo Galicia disputa hoxe a clásica A través de Flandes e a terceira etapa da Volta a Cataluña
A partir das 11.40 horas o Xacobeo Galicia disputa a segunda das tres clásicas que ten programadas no norte de Europa. Trátase da Dwars Door Vlaanderen (A través de Flandes), que celebra a súa segunda edición. O trazado inclúe doce "muros" acumulados todos eles na segunda parte do percorrido.
Perfil e lista de dorsais no apartado dedicado a esta carreira na sección Competición. A clásica TRAVÉS DE FLANDES EN DIRECTO ON LINE EN TV .
TERCEIRA ETAPA DA VOLTA A CATALUÑA
A partir das 12.00 horas tamén se dará a saída á terceira etapa da Volta a Cataluña. O percorrido entre Vall d'en Bas - A Seu d'Urgell, sobre 185,9 quilómetros, debe achegar as primeiras novidades na clasificación xeral.
Perfil e lista de dorsais no apartado dedicado a esta carreira na sección Competición. A clásica TRAVÉS DE FLANDES EN DIRECTO ON LINE EN TV .
TERCEIRA ETAPA DA VOLTA A CATALUÑA
A partir das 12.00 horas tamén se dará a saída á terceira etapa da Volta a Cataluña. O percorrido entre Vall d'en Bas - A Seu d'Urgell, sobre 185,9 quilómetros, debe achegar as primeiras novidades na clasificación xeral.
Categorias: Bloque lecer, Deportes
Un Dépor con nove perde ante o Spórting (2-1)
Un expulsado nos primeiros dez minutos e outro ao final do encontro marcaron un encontro no que o Deportivo fixo o máis difícil, empatar con dez, pero acabou crispado e na terra de ninguén clasificatoria.
Categorias: Bloque lecer, Deportes
Un penalti castiga aos coruñeses e dá a vitoria ao Sporting
Os de Xixón impuxéronse a un Depor que xogou con 10 desde o minuto 10
Categorias: Bloque lecer, Deportes
Telecinco emitirá os partidos de España no Mundial de Sudáfrica
A súa foi a única oferta que recibiu Sogecable, propietaria dos dereitos en exclusiva, na poxa pública que convocou a semana pasada
Categorias: Bloque lecer, Deportes
Rafael Vázquez e Andrea Fernández, campións galegos de bádminton
Rafael Vázquez volveu gañar o Campionato Galego Absoluto de Bádminton. O vigués leva nove títulos consecutivos. O último logrouno o 21 de marzo na Coruña. Na categoría feminina venceu Andrea Fernández, do Club As Neves, o gran triunfador.
Categorias: Bloque lecer, Deportes
Rafael Vázquez e Andrea Fernández, campións galego de bádminton
Rafael Vázquez volveu gañar o Campionato Galego Absoluto de Bádminton. O vigués leva nove títulos consecutivos. O último logrouno o 21 de marzo na Coruña. Na categoría feminina venceu Andrea Fernández, do Club As Neves, o gran triunfador.
Categorias: Bloque lecer, Deportes
GZ-CONTRAINFO , ESTALOS SOLIDARIOS E BILLARDEIROS DENDE O CUARTEL XERAL DA RESISTENCIA DO NAVAL!!
E como xa apuntaban os irmáns de Gz-contrainfo depois de agasallarnos cun espectacular album de estalos fotográficos da xornada de solidaridade cos parados do naval , agora despregan en toda a súa intensidade iste fenomenal video-estalo de solidaridade proletaria que mistura , lume , metal e pinchas invadindo o cuartel xeral da resistencia da tribo infranqueábel do naval.
A GENTALHA DO PICHEL , SERÁ A PRIMEIRA EQUIPA EN COMERCIALIZAR O SEU ESPECTACULAR MERCHANDISING LNB!!

E como isto non hai quen o para , os irmáns da Gentalha celebran dende o seu referencial web o triunfo dun dos seus palanadores no anterior asalto ó celebrado iste domindo en Belbís. Xosé Miguel celebrou con lacón copa e farias unha sensacional victoria que o pon na pomada da Conf. Central e xa medita en cal das dúas conferencias sur ou centro concentrarse con máis intensidade para conseguir o pasaporte do 12 para Conxo. E moi atentos ó web da Gentalha do Pichel porque van ser a primeira franquicia que desenrole merchandising da súa franquicia LNB como xeito de autoxestión, polo que preparádesvos para adquirir e lucir en tódos os recunchos do país sudadeiras e camisolas dista referencial franquicia LNB, en breve tod@s seremos e vestiremos da gentalha!!
BELVIS , ESTORNELAS DANZANDO Ó SON DO "CELULAR-LNB SOUND SYSTEM"
Se a gentalha celebrou unha merecida victoria, a referencial franquicia con sede en Conxo " Xogos Tradicionis" coordiandora dos xogos de primavera marco espectacular donde se celebrou iste Aberto puntuábel na conf. central , puxeron ademáis dun nespectacular tsunami billardeiro na pista un arrolador sistema de música afastados dos máis clásicos dj que utilizan pratos ou sistemas de comprensión varios. Cun micro amplificado e sen aparelo de música acoplado o palanador misterioso de Xogos Tradicionais exerceu unha dóbel función de speaker e dj botánse á festa ás costas e ó berro de : Nen Feijoó nen Bugallo van vir xogar á billarda convidaba a todo ser vivinte que pasaba polo aparque a unirse á festa , unha fersta condimentaba coa música emanada do seu propio móbil sintonizado nunha emisora de radio a todo volume. Un auténtico luxo para toada a LNB contar con redentores diste calibre , o único que cremos necesario é desexar que o exemplo cunda en tódalas pistas para que a música e a festa se espalle sempre sempre xunto coa gran serpe multicor da LNB.
Categorias: Bloque lecer, Deportes
Toni Rodríguez estará no primeiro equipo do Celta 10-11
O extremo esquerdo xuvenil do Celta Toni Rodríguez Dovale asinou un novo contrato co Celta que o vincula até o 2014 e que suporá que terá ficha profesional.
Categorias: Bloque lecer, Deportes