Skip to Content

Gastronomia

croquetas de lombarda

Gastronomía - qua, 12/02/2009 - 19:50

con estas proporcións sairán muitas coqretas... como 30

ingredentes:

- 1 1/2 k de patacas

- 750 g de lombarda[?]

- 2 cebolas grandes

- 1 ramiña apio

- 4 dentes allo

- pan relado

- especias ( noz moscada, pementa negra, loureiro)

- aceite, sal

- leite de soia

procedemento:

 

cocer as patacas con pel e cunhas follas de loureiro e sal.

Por outra banda picar finamente as cebolas e sofritilas nunha tixola con aceite e sal, pasados un minutos engadir o allo e o apio picado. Deixar dourar a cebola.

cando a cebola estea lista especiar con 1 culleriña de noz moscada e 1 pementa negra e salar máis se é necesario e reservar.

Cano as patacas estean cocidas, deixar enfriar e pelar, botalas nun recipiente e botar un chorriño de leite de soia, a cantidade xusta para poder facelas puré coa batidora.

unha vez feito o puré botalo ao sofrito e misturar moi ben, probar e correxir de especies ou sal. Deixar repousar e meter na neveira... mellor dun día pa outro.

o día seguinte coa masa, podes axudarte dunha culler para darlle forma de croqueta e rebozar en pan relado eee fritir en aceite moi quente.

canto máis reposen máis consistentes quedarán.

 

 

 

 

Divulgar conteúdo