Skip to Content

Vídeos

Cantigas de emigración

Vídeos - qua, 03/24/2010 - 17:02

Esta peza é unha especie de videoclip concebido coma homenaxe aos emigrantes. Conta o drama do camiño e o camiñante.

Ten música de Fuxan os ventos, Amancio Prada e Benedito, e levou o segundo premio no IX Certamen de Cine Aficionado de Vilagarcía de Arousa, 1980.

Cantigas de emigración
Categorias: Bloque lecer, Vídeos

Con el sudor de tu frente

Vídeos - qua, 03/24/2010 - 17:02

Documental sobre o proceso de fabricación do pan, dende a sementeira do millo ata a mesa do consumidor


O ferrolán Salvador Ríos é un fotógrafo e cineasta que tivo unha ampla traxectoria no panorama do cinema afeccionado da decada dos 70, acadando diversos premios en numerosos festivais. Esta é unha das pezas recuperadas para o progama Memoria do Século XX.


2º Premio no Festival Internacional do Círculo das Artes de Lugo, onde tivo unha mención especial ao guión e á sonorización.

Con el sudor de tu frente
Categorias: Bloque lecer, Vídeos

Cadro

Vídeos - qua, 03/24/2010 - 17:02
O lugués Ulises Sarry é un completo artista plástico, escritor e ensaésta que tamén desenvolveu unha importante traxectoria no ámbito do cine afeccionado na Galicia dos 70. Cadro
Categorias: Bloque lecer, Vídeos

Hidroavión alemán DO-X

Vídeos - qua, 03/24/2010 - 17:02

Único documento cinematográfico que se conserva da chegada a Galicia do hidroavión DO-X, orgullo da aviación alemá,. O hidroavión fora construído en Rorschach, Suíza, con tres cubertas, sendo a de pasaxeiros apta para 170 persoas.. Á súa velocidade de cruceiro, de 170 quilómetros hora, tiña unha autonomía de doce horas. O DO-X saíu na súa viaxe inaugural o 9 de novembro de Alterbein (Ámsterdam), ao mando do comandate Christiansen. Dirixiuse ao pobo inglés de Calshot, onde efectuou varias probas, unha delas tendo como invitado ao mismísimo príncipe de Gales. O día 14 saíu para Bordeus, pero, debido á néboa, tivo que amarar na Rochelle. O día 20 o DOX saíu de Bordeus coa intención de realizar a viaxe directa cara á Coruña. Nesta época anterior ao radar, o xigante do aire ter que deter de urxencia en Santander, outra vez debido á néboa.


Ao final, á unha da tarde do 24 de novembro, como anunciara A voz de Galicia, o colosal paxaro mariño apareceu detrás da Torre de Hércules. Esta película recolle á mole tras o seu amerizaje, fronte á Illa do Castelo de San Antón, parándose xunto a abóiaa de amarre, fronte ao Náutico. Podemos ver, tamén, o antigo edificio do Hotel Atlantic.

Esta peza pertence á colección particular de Alfonso Bartolomé.

Hidroavión alemán DO-X
Categorias: Bloque lecer, Vídeos

Cabalos de monte ou a rapa das bestas

Vídeos - qua, 03/24/2010 - 17:02

O ferrolán Salvador Ríos é un fotografo e cineasta que tivo unha ampla traxectoria no panorama do cinema afeccionado da década dos 70, acadando diversos premios en numeroso festivais. Foi dos primeiros en documentar cinematograficamente a tradición galega da rapa das bestas.


Premio de "Información y Turismo" ao mellor documental no "II Certamen Internacional de Cine Aficcionado de Cuenca", de 1974.


2° premio no VII Festival Internacional de Lugo

Cabalos de monte ou a rapa das bestas
Categorias: Bloque lecer, Vídeos

A revolta dos mouses

Vídeos - qua, 03/24/2010 - 17:02
O mundo dos trebellos de papelería é feliz e cheo de cor: os lapiceiros, ceras, pinceis etc. debuxan despreocupados paisaxes de ríos, prados e frores cando de súpeto o chan ponse a tremer e no horizonte enxérgase unha xigantesca e pavorosa mancha gris que converte en liñas e números todo o que atopa ó seu paso: son os ratos de ordenador, e ameazan con destruír o mundo figurativo. A revolta dos mouses
Categorias: Bloque lecer, Vídeos

Sempre Xonxa

Vídeos - qua, 03/24/2010 - 17:02
Xonxa, Pancho e Birutas medran xuntos. Xa na adolescencia Birutas emigra a México e durante dez anos non hai noticias del. Ao cabo dese tempo, ben traxeado e dono dun bo coche, regresa a aldea coa certeza de que Xonxa o agarda... Pero Xonxa e Pancho casaron xa vai para tres anos e teñen unha filla “Xonxiña”. Birutas convence ao seu amigo de que na aldea non hai futuro e ofrécelle un posto de home de confianza á fronte dalgún dos seus negocios. Sempre Xonxa
Categorias: Bloque lecer, Vídeos

Sempre Xonxa en Petín

Vídeos - qua, 03/24/2010 - 17:02
Documental realizado no marco dun obradoiro, cos rapaces e rapazas de Petín, como homenaxe ao director Chano Piñeiro, no 10 aniversario do seu pasamento. Conta a experiencia vivida polos veciños de Petín que participaron no filme, combinada con imaxes da película, espazos da rodaxe e testemuñas diversas de persoas implicadas na produción. Tamén participan Uxía Blanco, Manolo González e Mari Luz Montes. Sempre Xonxa en Petín
Categorias: Bloque lecer, Vídeos

Ensaio

Vídeos - qua, 03/24/2010 - 17:02

Clara, unha moza produtora teatral, preséntase ao ensaio dunha obra. Hai un só actor e non hai director.

Rodada e estreada no Festivalito de La Palma no 2008. Premio á Mellor Curtametraxe, Premio do Público e Mellor Actriz.

Ensaio
Categorias: Bloque lecer, Vídeos

De bares: o trailer

Vídeos - qua, 03/24/2010 - 17:02
Óscar entra nun bar, facendo tempo antes de ir a buscar a súa noiva. Chámalle a atención a decoración: centos de fotografías enmarcadas nas paredes do local, como un gran album aberto de par en par. Cada fotografía constitue unha porta a una historia diferente.  o trailer
Categorias: Bloque lecer, Vídeos

VIDEO - GRAN PURISMO - ROSA DÍEZ (GALLEGO FREESTYLE)

Vídeos - sex, 03/19/2010 - 23:42

Dende Suiza, o noso galego emigrado respóndelle a Rosa Díez en clave de RaP. Despóis de ter aldraxado e re-aldraxado a cultura galega, despois dos ataques e defensas de diferentes actores (ou malos humoristas, coma no caso dun tal Arcadi Espadas), os representantes dos diversos colectivos reaccionan. Gran Purismo, con raíces en Ourense e a través de Play Pictures ten algo que decirlle a Rosa Díez:

* Gracias Gran Purismo por ser a voz pública de moitos ;)

A VIDEOTECA GALEGA

Categorias: Bloque lecer, Vídeos

VIDEO - O APÓSTOLO - MIRAXES

Vídeos - dom, 03/14/2010 - 03:35

Queda pouco para que tod@s poidamos desfrutar da primeira película europea de animación stop-motion estereoscópica.Un filme gravado en Santiago de Compostela, con moito traballo ás costas e un equipo do que curiosamente e ata a data do 25 de Febreiro do 2010 podíase formar parte como membro-coproductor. Tod@s @s que tiveron a sorte de apuntarse figurarán nos créditos da película e contaran coa vantaxe de acceder de xeito exclusivo ao seu pre-estreno entre outros beneficios.
Na dirección figura un dos coñecidos da Videoteca Galega, Fernando Cortizo ó que acompañan un equipo de actores e actrices como Geraldine Chaplin, Carlos Blanco,Luís Tosar entre outros. E un equipo técnico de excepción que ven de traballar en películas como A noiva cadáver, Os mundos de Coraline….

Información: www.oapostolo.es

Se queredes curiosear na páxina de Artefacto Produccións atoparédesvos con outras creacións únicas.

Categorias: Bloque lecer, Vídeos

eu

Vídeos - sex, 03/12/2010 - 13:31

eu

A condición foi que rodasen co que tivesen a man: neste caso, unha cámara fotográfica común. 3º de ESO (Nerea Carballo, Nerea Suárez, Moncho Torres). Nerea C. xoga na Selección Galega Femenina sub-16, Selección Española de Fútbol Femenino Sub 16. e no F.C. Porto do Son. "Centrocampista, Mantén ben a posición, dá boa saída ao balón." din dela.

Cast: SonCine

Categorias: Bloque lecer, Vídeos

CONCERTO - One (Banda tributo a Queen) + Tungsteno. Sábado 13/3/2010 Sala Capitol (Santiago de Compostela)

Vídeos - qua, 03/10/2010 - 06:23

A banda Arxentina ONE, tributo á banda QUEEN, xira por España este Marzo do 2010.
O precio das entradas é 12€ anticipada e 15€ en taquilla.

Posiblemente, o máis preto que podes estar de ver un espectáculo de Queen co gran Freddie Mercury!!!(Pola calidade, claroestá!).

DATAS DE MARZO

11 marzo. - VIGO- SALA MONDO: ONE + kathaarsys. 21h

12 marzo.- OURENSE (ás 24h)
13 marzo.- SANTIAGO De.COMPOSTELA (Xunto ós galegos TUNGSTENO) Sala Capitol, 21h
18 marzo.- SANTANDER: ONE + Kathaarsys
19 marzo.- PONFERRADA: ONE + Kathaarsys (Entrada 10€-12€)
20 marzo.- XIXÓN: ONE + Kathaarsys
21 marzo.- LUGO (Pendente de Coonfirmación)
26 marzo.- LISBOA (Pendente de confirmación)
27 marzo.- SEVILLA
28 marzo.- TALAVERA DE LA REINA

A banda ONE formárona no ano 2000 dous médicos, Jorge Busetto e Luciano Monti. Dende aquela levan ofrecendo dende Arxentina “O mellor espectáculo de versións de Queen do mundo”
Compartirán cartel nas datas de Santiago, Vigo, Ponferrada, Santander e Xixón con Bandas Galegas!!!.
Na Sala Capitol de Santiago os compostelanos TUNGSTENO abiránlle as portas á Raiña ás 21 horas co seu enerxético impácto de Rock & Roll clásico. Un gustazo oilos (por certo, primicia dende a VIDEOTECA GALEGA, no concerto poderedes adquirir, por primeira vez no mercado o seu disco debut chamado ÁTOMOS Y GALAXIAS;) ).

De seguro disfrutaredes das dúas bandas!!

No concerto de Vigo participarán xunto a One a banda KATHAARSYS, exponentes galegos do black death melódico, con 6 xiras europeas ás costas… Si eso xa non vos chama a atención… tamén eles están traballando no seu proximo CD no que presentan unha evolución da súa música cara una faciana máis acústica (liñas limpas e frases máis jazzeiras). A VIDEOTECA GALEGA puido disfrutar dalgunhas pezas nun concerto previo e a impresión foi tremendamente positiva.

Esperamos que non perdades a oportunidade de ver as 3 bandas en Galicia!!!!!!!!!!

ONE

TUNGSTENO

KATHAARSYS

A VIDEOTECA GALEGA

Categorias: Bloque lecer, Vídeos

VIDEO - MULLER TRABALLADORA

Vídeos - ter, 03/09/2010 - 02:58

Sinxela secuencia que explica porque celebramos o día de hoxe. Eu como muller videotequeira reivindico o traballo das mulleres!.Aínda queda moito por camiñar en moitos eidos laborais pero xa é unha realidade que cada vez máis mulleres ocupamos espazos que antes eran reservados para os homes.

Para todas as videotequeiras que nós seguides! Feliz celebración do DÍA DA MULLER TRABALLADORA!

Gracias a Olimpia1977 por compartir o video da súa avoa na rede.

A VIDEOTECA GALEGA

Como non podía ser menos tamén as mulleres do eido cultural celebraron este día aínda que con adianto á data, no acto SEREAS, celebrado no Teatro Rosalía de Castro na Coruña.

Categorias: Bloque lecer, Vídeos

Festa do viño da Ulla ( pola tarde )

Vídeos - sex, 03/05/2010 - 22:42

Festa do viño da Ulla ( pola tarde )

despois de estar todo preparado e co campo da festa cheo de xente, os festeiros entreganse a tope no pracer da degustación do viño ....

Cast: Abelardo Rendo

Categorias: Bloque lecer, Vídeos

VIDEO - DESARROLLO DE LA AUTOESTIMA - IGLOO

Vídeos - ter, 03/02/2010 - 05:15

El desarrollo de la autoestima, pertence ao seu derradeiro traballo “La transición de fase”, disco co que prentenden asentar a súa identidade musical, aínda que para eles Igloo segue a medrar e cambiar con cada un das experiencias que viven do mesmo xeito que fan as súas composicións.
Con este título un tanto científico queren facer o seu particular homenaxe a Eduardo Punset, que nunha entrevista explicaba os cambios do estado do líquido elemento sen perder a súa identidade. O grupo pretende deste xeito exhibir un novo son sen perder a esencia do Igloo primixenio.

Categorias: Bloque lecer, Vídeos

CURTAMETRAXE - CRISÁLIDA - F.CALVELO

Vídeos - ter, 03/02/2010 - 04:55

A VIDEOTECA GALEGA no seu afán de difusión segue a apoiar ao sector audivisual, e hoxe con máis razón por desfrutar dunha xoia “Crisálida” do autor F.Calvelo que a min persoalmente asómbrame. Contando cun baixo presuposto e de forma independente non deixa de sorprender nas súas produccións. Blackmaria produccións aboga e apoia este tipo de iniciativas independentes e de autor no eido audiovisual. E dende a VIDEOTECA GALEGA apoiamos o seu tremendo traballo.
No que a “Crisálida” toca, foi seleccionada no Festival Internacional de Sitges no ano 2006 dentro da sección “Brigadoom” e obxecto de diversos galardóns.
De verdade, Francisco Calvelo non ten desperdicio algún, eche un artista como a copa dun pino.

SINOPSE:

“El anuncio de una desaparición es algo que no deja de ser común actualmente. Pero si a quién se busca es a alguien que podría ser cualquiera de nosotros, el hecho cotidiano puede convertirse en algo más siniestro. Como en un juego de poder y misterio, desaparecido y secuestrador construyen sus personalidades y destruyen la del otro, dando forma sin saberlo a su propia transformación.”

PARTE UNHA

PARTE DÚAS

A VIDEOTECA GALEGA

Categorias: Bloque lecer, Vídeos

festa do viño da Ulla ( primeira hora )

Vídeos - qua, 02/24/2010 - 19:50

festa do viño da Ulla ( primeira hora )

os veciños de Sarandón e demáis feirantes afananse nos últimos retoques mentras van chegando os festeiros

Cast: Abelardo Rendo

Categorias: Bloque lecer, Vídeos

nun entorno bo

Vídeos - seg, 02/22/2010 - 21:56

nun entorno bo

O profesor do Obradoiro de Plástica non puidera vir esa mañá na que filmamos. Cando chegamos á aula os alumnos estaban sós, pero non inactivos. Vedes aquí o que facían seguindo, sen que ninguén os mandase, a orde que tiñan acordado con Fernando, o seu profesor.

Cast: SonCine

Categorias: Bloque lecer, Vídeos
Divulgar conteúdo