Ecoloxía
ADEGA participa no IV Encontro Estatal de Hogares Verdes
Modificación da Lei do Solo: máis especulación, impunidade e desfeita ambiental
ADEGA colabora coa USC na medición do radón nas vivendas galegas
A exposición "O lobo, unha carreira pola supervivencia" chega ao Barco de Valdeorras
ADEGA intégrase na rede de entidades locais pola compostaxe doméstica, "Composta en Red"
No día mundial contra os encoros, ADEGA esixe a demolición das barraxes máis agresivas
ADEGA denuncia a contaminación por fúor en San Cibrao debido as emisións de ALCOA
Roteiro polo Camiño Primitivo: San Romao da Retorta (Guntín) - Serra do Careón
21 de marzo: ADEGA faiche outras propostas para celebrar o Día da Árbore (amais de plantalas)
Parcicipa con ADEGA e o Proxecto Ríos nas actividades do Día Mundial da Auga
RoteiRíos 2010: 13 e 14 de marzo, macizo central ourensán
Verdegaia denuncia irregularidades na regasificadora de Ribeira
As políticas non son sustentables por chamalas así
Ensalada de beneficios transxénicos
Sábado 27, Mercadillo de Troco en Pontevedra
En nome da liberdade...
O novo FAD seguirá a permitir a violación de direitos humanos con fundos públicos
O novo FAD seguirá a permitir a violación de direitos humanos con fundos públicos
O goberno británico convoca un cumio coas empresas, ante a preocupación polo ‘Peak oil’
Polo seu interese traducimos unha nova aparecida onte no xornal británico The Guardian: Energy minister will hold summit to calm rising fears over peak oil
Lord Hunt convoca os empresarios do Reino Unido para debater sobre a resposta gobernamental a calquera descenso brusco na produción mundial de petróleo.
O ministro de enerxía, Lord Hunt, vai reunirse cos empresarios mañá [por hoxe, día 22] en Londres nun intento de acougar os crecentes temores acerca das consecuencias que podería ter un corte súpeto do subministro de petróleo.
Nunha viraxe política significativa, o goberno aceptou abordar un maior traballo sobre o asunto de se o Reino Unido necesita tomar medidas para evitar o trastorno masivo que podería traer unha chegada rápida ao “peak oil”, o punto que marca o comezo do descenso terminal na produción mundial de petróleo.
Jeremy Leggett, o director executivo da empresa de enerxías renovables Solar Century, figura sobranceira do Grupo de traballo da industria británica sobre o peak oil e a seguridade enerxética, afirmou que o encontro, que terá lugar no Instituto da Enerxía, amosaba un novo e benvido sentido da urxencia.
“O goberno pasou de compartir a postura de BP – ‘quedan 40 anos de subministro, os mecanismos de prezos funcionan, non hai por que preocuparse’- a dicir ¡Contra!’”, dixo. “BP e outros están dicíndonos iso, pero moitos de vós, Virgin, Scottish and Southern, e outros estádesnos dicindo algo totalmente distinto. Non sabemos a quen crer. Fagamos unha avaliación axeitado do risco coa industria”, engadiu.
Ao encontro espérase a asistencia de executivos das empresas membros do Grupo de Traballo, incluíndo Virgin, Arap, Stagecoach, Scottish and Southern Energy, e Solar Century así como outros empresarios.
A decisión de manter estas conversas veu despois de que o Grupo de Traballo da industria británica sobre o peak oil e a seguridade enerxética publicara o pasado mes un informe provocador, The Oil Crunch: a Wake-up Call for the UK Economy (A Crise do Petróleo: unha chamada de alarma para a Economía do R.U.), no que advertían dos perigos dun falso sentimento de seguridade.
Sir Richard Branson, fundador do Grupo Virgin, cuxas empresas de ferrocarril, aéreas e de viaxes son moi sensibles aos prezos da enerxía, advertiu de que a crisis que ven podería deixar pequena a crise do crédito. “Nos vindeiros cinco anos imos ver outra crise: a crise do petróleo. Desta volta, temos a ocasión de prepararnos. O reto é empregarmos ben ese tempo”, asegurou.
O goberno tiña minimizado previamente os riscos do Teito do petróleo despois de que un informe de Wicks no verán pasado descartara de feito a idea de que a demanda mundial puidese de contado sobrepasar a oferta.
Unha voceira do Departamento de Enerxía e Mudanza Climática confirmou a pasada noite que Hunt e un grupo de persoas alleas ao goberno pero relacionadas coa política enerxética ían manter conversas privadas e a porta pechada no Instituto da Enerxía. Pero a voceira minimizou a importancia da reunión, dicindo que o goberno sempre tomou os temas de subministro seriamente e que se reúne con diferentes membros da industria de maneira regular. “Facemos isto todo o tempo; é un encontro normal”, insistiu, engadindo que non había ningunha mudanza prevista na política do ministerio.
O tema do peak oil [Teito do petróleo] saltou o pasado novembro cando confidentes procedentes da Axencia Internacional da Enerxía explicaron que o problema tiña sido agachado deliberadamente durante un longo periodo. BP e outras empresas petroleiras insisten en que hai pouco perigo de que o mundo quede sen petróleo porque áreas novas como Brasil, e máis recentemente Uganda, están sempre abertas a ser desenvoltas. O director executivo de BP, Tony Hayward, cre que a demanda caerá a medida que suban os prezos, evitando calquera grave trastorno a causa do Teito do petróleo.
Pero a demanda disparada en China, India e Oriente Medio fixo subir o prezo do cru a máis de 80 dólares/barril e os prezos da gasolina no Reino Unido están preto de niveis record.
Amrita Sen, un analista petroleiro de Barclays Capital, cre que o prezo do cru podería pasar de contado os 100$ este ano e chegar a preto de 140$ para o 2015. Francisco Blanch, do Bank of America Merrill Lynch, especula con que podería chegar a 150$ en catro anos.
Leggett advirte de que todos estes escenarios poderían ser demasiado optimistas. El está convencido de que o Reino Unido debe prepararse tan axiña como sexa posible para unha siutación na que o petróleo sexa tan caro que existan graves atrancos para o comercio internacional e que a mundialización colapse.
O peak oil ou Teito do petróleo soía ser preocupación dunha pequena minoría, pero xa se creou un grupo parlamentar [no Reino Unido] para seguir o asunto e cada vez máis empresarios comezan a se preocupar por el.
Ian Marchant, director executivo de Scottish and Southern Energy, é un dos que cre que a demanda mundial de petróleo está a piques de sobrepasar a capacidade de producilo. No lanzamento do informe acerca do Oil Crunch, dixo: “Occidente leva malgastado moitísimo petróleo e o prezo vai subir: temos que para isto xa e comezar a usar o petróleo como un recurso escaso.”