Música
Final do Certame de Folk de Radio Obradoiro
Para esta edición, entran a concurso dous grupos galegos Atamis , Vou Trio, os asturianos Patriband Folk Orllestra, e os cataláns Keympa.
Bailabén, libro e DVD
Cantigas do Camiño, presentación do CD Libro
O xoves 25 de marzo ás 12.00 h. da mañá preséntase o CD+Libro Cantigas do Camiño no CGAC en Santiago de Compostela. Cantigas do Camiño é un proxecto colectivo composto e gravado cada canción especialmente para este disco; tamén de todos os profesionais, fotógrafos, ilustradores, técnicos e enxeñeiros de son que participaron nas gravacións. Esta visión da música do Camiño de Santiago é herdeira de centos de anos de tradición musical, pero tamén é unha proposta persoal e contemporánea. Na rolda de prensa tocarán dous temas o trio Vaamonde, Lamas e Romero. Despóis un pequeño ágape na cafetería do CGAC
Consolidación do Encontro coa Zanfona de Narón
Coa sexta edición, este festival temático ao redor deste instrumento, único na Península Ibérica, consolida a súa presenza no calendario anual como referencia para os interesados na zanfona onde se poden descubrir as novas tendencias que se atopan en Galicia e en Europa coa presenza de artesáns e artistas profesionais internacionais. 18 zanfonistas no curso, 100 escolares nas sesións didácticas, 2 grupos galegos e un francés no concerto con máis de 100 persoas de audiencia,.... pero sobre todo un ambiente de concordia e convivencia, que consideramos desde a organización o verdadeiro suceso do evento. En breve, colgaremos fotos do Encontro nestas páxinas.
C'mmons baby#53 (na primavera, coidate das feras)

Chegou a primavera, tempo de sol e calor; mingua a roupa e medra o amor. Non sabe un moi ben como é que acontecen estas cousas, mas súpeto un día veste arrodeado de osos, polares ou bi-polares a meirande parte deles, é por iso que hoxe facemos unha viaxe ao redor de proxectos que dun xeito ou outro teñen a ver con osos e feras. (duración: 33'36'')
- Sub-Woofer Special. The beguining of the end
- Bi-Polar Bear. Today I found happy
- Fiera. Drogas
- Andy and Muzz. Hands to the ground
- My bubba & Mi. Satisfied mind
- Arthur Caravan. L'amor és cec
- Tungsteno. Acelerador (de partículas)
- Noise Project. Concerto de disfraces
Enlaces relacionados: Rack & Ruin Records; Setting World Records; Bad Panda Records; Beep! Beep! Back up the Truck; A Regueifa Netlabel.
Já à venda as entradas do MacroFestival de 'Queremos Galego'
Population: Unknown 006
55.Pestrutape!
Corps Vibrants nas Crechas
O mítico pub santiagués Casa das Crechas acolle este concerto do dúo frances Corps Vibrants(Isabelle Pignol- sanfona electroacústica e Maxime Bouchet- baixo), convidados internacionais deste ano ao VI Encontro coa Zanfona Contemporánea de Narón. Será o domingo 21 de marzo ás 20.30 h cunha módica enrada de 3 €.
Comezou o VI Encontro coa Zanfona Contemporánea
A mañá deste xoves 18 de marzo comezou en Aldea Nova o VI Encontro coa Zanfona Contemporánea de Narón cunha sesión didáctica para escolares de escolas do concello. Uns 100 nenos e nenas en dúas quendas puideron desfrutar das explicacións técnicas sobre a construcción e tipoloxías do luthier de Marín Jaime Rebollo e dunha representación escénica coa Asociación Cultural ['trepia] de Pontevedra nunha recreación dun cantar de cego dramatizado e actualizado aos tempos actuais co que os máis pequenos desfrutaron e aprenderon máis cousas sobre este milenario instrumento.
O Encontro continua a súa actividade o venres 19 cos concertos no Pazo de Cultura de Narón de Mini e Mero, Projecto ['trepia] e Corps Vibrants.
Lá Naomh Pádraig Shona
Celebre como se celebre, é evidente que o San Patricio está ligado desde hai anos á música tradicional de raíz atlántica, e que deixou de ser unha festividade estritamente irlandesa para converterse nunha verdadeira foliada intercéltica na que o que menos importa é ser de Galway, de Brest, de Uviéu ou da Coruña. Sábeno ben os bretóns, que hoxe invaden París para facer un ano máis do (pan)celtismo un xeito de estar no mundo.
Aínda que a min gustaríame celebrar o San Patricio de xeito semellante ao que pode verse neste vídeo. Nunha taberna desa Irlanda deprimida e rural dos anos 60, un país de feiras, de fairies e de violinistas, de visionarios e de poetas das silveiras, de xentes que crían o que se dicía e o que se cantaba, aínda que o verso fose áspero e a historia absurda. Así dá gusto vivir. E de súpeto un tal Pádraig Ághas, co rostro tomado por unha certa seriedade ritual, diríxese á multitude, colle da man a un dos seus bébedos amigos e arrinca do fondo da tradición unha perla brusca e gutural que estremece. Quen non pagaría por celebrar así o San Patricio?
Pois iso, Lá Naomh Pádraig Shona para todos e que gostedes!
Video-resposta de Gran Purismo a Rosa Diez
Esquios - Galicia carraxe on garaxe
Non saímos do lixo Cap02 "A Cultura"
Presentación ante os medios do VI Encontro coa Zanfona Contemporánea
Na mañán do 17 de marzo foi presentado ante os medios na sala de prensa do Concello de Narón o VI Encontro coa Zanfona Contemporá- nea, que cada ano xunta a especialistas e curiosos ao redor deste milenario instrumento tan ligado á tradición musical europea e ao Camiño de Santiago, vía pola que chegou a Galicia no século XI.
No acto estiveron presentes Guillermo Sánchez Fojo, concelleiro e vicepresidente do Padroado de Cultura de Narón, promotores destes Encontros desde o 2005, Mauro Sanín, coordinador do evento e representante de aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular e Óscar Fernández, recoñecido músico e profesor de zanfona na escola municipal de Narón e en aCentral Folque.
Arqueoloxía e restauración
Xa som 27 os temas no Cantalingua 2010
Ergom xira presentando "Fronkiria" neste mes de Marzo
Video-Comunicado de Skárnio
Estrea do espectáculo "Baile de soños"
A Compañía Circio presenta "Baile de soños", un espectáculo de danza e música que combina novas formas de expresión tradicional con outros estilos. Será presentada en Cangas o venres 19 de marzo ás 21 h no Auditorio Municipal.
