Skip to Content

Humor

Spiderman é de Carballo

Humor - qui, 03/18/2010 - 12:30

E aínda por riba está no paro por culpa dun ERE.

Categorias: Bloque lecer, Humor

O dinosaurio de Carregal

Humor - qua, 03/17/2010 - 15:12

Leo en La Voz de Galicia que este dinosaurio que vedes na fotografía é un caso da a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística da Xunta de Galicia.

Polo visto “invade un espazo público sen licenza municipal na rúa Carregal” de Nigrán. O concello tivo que intevir ante “os informes dos servizos técnicos de inspección de Urbanismo que certificaron que a curiosa escultura que se fixo popular no barrio carece da correspondente licenza municipal”.

E que pasa con todas esas vivendas para as que se deron permisos de construción e que están en situación de ilegalidade? Alguén lles abre un expediente aos técnicos ou aos membros do Concello? Alguén en Nigrán se preocupou pola destrución do litoral? Nada, a cousa é ir contra o bicho este.

Categorias: Bloque lecer, Humor

O disfrace de radar

Humor - ter, 03/16/2010 - 21:12

Esta foi a ocorrencia duns mozos de Narón-Ferrol durante o pasado entroido. O seu disfrace foi do máis orixinal, aínda que a máis dun lle debeu dar un susto ;)

Categorias: Bloque lecer, Humor

O Día da Muller Traballadora segundo a Xunta de Galicia

Humor - qui, 03/11/2010 - 15:15

A Xunta de Galicia celebrou o Día da Muller Traballadora dun xeito pouco serio e mesmo “frívolo”, en opinión dos grupos da oposición, PSdG e BNG.

Para conmemorar esta data, o conselleiro de Economía, Javier Guerra, disfrazouse de muller da limpeza cuns globos inchables mentres que a conselleira de Traballo, Beatriz Mato, o fixo de home de negocios. Ahí queda a imaxe que publica o diario El País.

Categorias: Bloque lecer, Humor

Inconstancia e neve

Humor - qui, 03/11/2010 - 06:40
Sabiamos que isto podía pasar. Son unha persoa altamente inconstante, irregular, dispersa... vago de carallo que diría meu pai. E non vou dar escusas, aínda que pensei algunha: 'Non, é que o meu can comeu o usb onde estaban os artigos para o blog' ou 'O word tenme manía'. O caso é que despois do Nadal, a costa de xaneiro o entroido e outras historias, aquí estou de volta. Por certo, feliz 2010!
Categorias: Bloque lecer, Humor

Roberto Varela: “Desván de los Monjes”

Humor - seg, 03/08/2010 - 19:12

Os sistemas de traducción automática pasaron factura ao conselleiro de Cultura, Roberto Varela. Na súa intervención na pasada feira Fitur chamou “Desván de los Monjes” a Sobrado dos Monxes, como pode comprobarse nun vídeo publicado polo diario O Xornal.

As probas están ahí, polo que as escusas de Varela recentemente non teñen xa lugar: “Hai que ser estúpido para crer que eu vou dicir ‘Desván de los Monjes’”. Velaquí tedes a proba do delito, no minuto 1.07:

Categorias: Bloque lecer, Humor

O chalé Sindo, o colmo do mal gusto

Humor - qui, 03/04/2010 - 22:36

Hoxe quería poñervos aquí este gran documento gráfico sacado por Xosé Castro. A fotografía segundo comenta Xosé, está sacada preto de Beade e nela pode verse esta vivenda que o autor resume como “formas curvas, granito e unhas ménsulas con formas animais e incluso un Xesucristo”. Na fotografía ampliada poden verse mellor os detalles do que de lonxe semalla unha casa normal.

Se coñecedes máis exemplos deste tipo, podedes subilos ao noso grupo no flickr.

Categorias: Bloque lecer, Humor

6 millóns de pasos, o proxecto

Humor - qua, 03/03/2010 - 22:03

- 6.000 km a pé

- 11 países

- De comezos de abril a finais de setembro

- Do punto máis boreal de Europa ao máis occidental

Esta é a esencia de “6 millóns de pasos“, que “son os que separan o punto máis boreal e o máis occidental de Europa. 6000 km entre o cabo de Nordkapp en Noruega, ata a cidade galega de Santiago de Compostela, seguindo un dos trazados do Camiño de Santiago”. E para levalo adiante, dous mozos galegos están a traballar para contalo tamén, para que ao mesmo tempo os protagonistas se convirtan en “narradores, creando unha intensa actividade en Internet que fará que ti, que nos segues, poidas vivir a aventura en directo a través de Facebook, Twitter, YouTube, Flickr, dun blog e dunha páxina web”.

Categorias: Bloque lecer, Humor

Feijóo disfrazado

Humor - ter, 03/02/2010 - 21:26

Unha imaxe de Feijóo disfrazado o Xoves de Comadres en Verín, para que se vexa que lle gusta a marcha ;)

Visto en Brétemas e publicado por El País.

Categorias: Bloque lecer, Humor

Se Hollywood fose galego, as vacas ían estar finas

Humor - seg, 03/01/2010 - 21:55

Outro gran vídeo de Navallada TV mesturando unha famosa película de Hollywood cun simpático audio.

Categorias: Bloque lecer, Humor

Antes hijoputa que gallego

Humor - sab, 02/27/2010 - 03:20
E gañaron: 43 millóns vs 3 millóns (escasos).

Rafi Escudero, alias Papuchi
Categorias: Bloque lecer, Humor

Os desprezos de Rosa Díez aos galegos

Humor - qui, 02/25/2010 - 17:04

Por segunda vez, e seguro que non é a última, Rosa Díez arremete contra os galegos. A voceira de UPyD cualificou a José Luis Rodríguez Zapatero como “galego no sentido máis pexorativo da palabra”, durante unha entrevista con Iñaki Gabilondo en CNN+.

Un cualificativo que Rosa Díez fixo extensivo ao líder da oposición Mariano Rajoy, e que no seu día tamén colocou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

O líder dos populares galegos, Feijóo, lamenta as declaracións de Díez: “Lamento profundamente que haxa un político en España que non se decate de que determinadas manifestacións son unha falta de respecto para a comunidade e para uns españois que somos galegos e a moita honra… E seguirémolo sendo e estando orgullosos”.

Zapatero tamén respondeu ás lamentables palabras da ex militante socialista: “Obviamente non son galego, pero teño grande aprecio polos galegos. E se tivese nacido en Galicia, sentiríame moi orgulloso de selo. É unha terra á que teño grande aprecio e á que admiro”.

Súmase á protesta a Real Academia Galega, en boca de Xosé Luis Méndez Ferrín, que achaca a unha “mentalidade arcaica” o desprezo ao galego.

Desde Galicia Profunda queremos sumarnos ás mostras de repulsa ante palabras como as de Rosa Díez.

Categorias: Bloque lecer, Humor

a fusión da caixas

Humor - qui, 02/25/2010 - 14:50
Galiza está chea de inquedanza. Ninguén sabe se os cartos galegos irán parar a Madrid, ós petos do lustroso Rato, ou quedarán na terra, nos petos de Méndez e Gayoso. Pouco cambiaron os tempos, cando éstas dúas seguen a ser as opcións que nos están a presentar ós galegos: ónde quere investir os seus aforros: [...]
Categorias: Bloque lecer, Humor

Santiago celebra o Día de Rosalía en clave musical

Humor - qua, 02/24/2010 - 18:16

O Día de Rosalía de Castro conmemórase hoxe en toda a xeografía galega. Celébranse 173 anos do nacemento da poeta en maiúsculas das letras galegas e en Santiago a homenaxe soa a música.

Ás táboas do Salón Teatro sobe esta noite o escritor Anxo Angueira, impulsor do proxecto “Rosalía 21“, xunto a un grupo formado polos mellores artistas da escena musical: Abe Rábade (piano e composición), Jesús Santandreu (saxo tenor), Nelson Cascais (contrabaixo), Bruno Pedroso (batería), e a voz de Guadi Galego e do propio Anxo Angueira.

Espectáculo multimedia con temas cantados con sección rítmica e saxo tenor, textos recitados e cantados ‘a capela’, duetos de voz e contrabaixo, voz e piano, unha peza instrumental e un poema recitado polo escritor Anxo Angueira sobre un arranxo fortemente experimental.

Déixovos cunha mostra desta obra de arte:

Categorias: Bloque lecer, Humor

o dedo grego

Humor - qua, 02/24/2010 - 15:28
No Pazo do Hórreo camiñan dúas figuras solitarias cara á cafetería. As máns ás costas un e nos petos o outro. O das costas é Alberto Núñez Feijoó, actual presidente da Xunta de Galicia. E o dos petos é Alfonso Rueda, conselleiro de Presidencia. - Pois sí, meu ben, – dí Alberto – xa ves, mañá [...]
Categorias: Bloque lecer, Humor

A fusión das Caixas e o decreto do galego segundo Retranca

Humor - ter, 02/23/2010 - 15:03

A revista galega Retranca dedica á súa portada dos meses de frebreiro e marzo á fusión das Caixas galegas, ao máis puro estilo Songoku. Mais a publicación non é allea a situación política arredor do galego, así que en portada dobre, podemos ver a Feijóo ao modo anglosaxón a voltas co decreto do galego.

Categorias: Bloque lecer, Humor

Psicofonías en Galicia

Humor - qui, 02/18/2010 - 15:00

Un dos grupos galegos que puxen onte no post foi o de Psicofonías en galego xa! O caso é que xa hai psicofonías na nosa lingua (ata no máis alá falan en galego). Velaquí unha que emitiron no programa de Iker Jiménez, “Cuarto Milenio”, supostamente gravada no cemiterio da localidade luguesa de Xermade:

O mellor de todo é a mensaxe, non ten desperdicio: “Asfaltade a carretera de Cabreiros”.

Actualización: teño que recoñecer que son un inocente porque pensei que realmente este vídeo era real, pero despois do comentario de Miñarrula estiven buscando e, certamente, trátase dunha montaxe a partir deste vídeo:

Así que desculpade e tentarei non caer outra vez nunha destas ;)

Categorias: Bloque lecer, Humor

EEUU construirá una nueva central nuclear

Humor - qua, 02/17/2010 - 22:20
EFE. (USA)
El presidente de EEUU, Barak Obama, ha anunciado recientemente que continúa adelante con su programa nuclear. Concretamente se refirió a la apertura de una nueva central nuclear en un lugar del territorio de EEUU que permanece en secreto.
Reacciones.
Ante tal desafío a la comunidad internacional, el presidente de Irán ha anunciado que estudia sanciones y acciones políticas a gran escala. Los presidentes de Francia y Reino Unido han sacado un comunicado conjunto en el que manifiestan su preocupación por este nuevo desafío a la comunidad internacional por parte de EEUU.
Igualmente Al Baradei, presidente de la Agencia Internacional de la Energía Atómica ha solicitado inspecciones inmediatas y próximamente llevará a la Asamblea General de las Naciones Unidas propuestas concretas sobre esta importante amenaza.
Obama cuenta con un inesperado apoyo de un país occidental, España, que recientemente, a través de uno de sus ministros más cualificados en la materia, Miguel Sebastián, ha señalado que "tenerle miedo a la energía nuclear es como tenerle miedo a los eclipses". Estas declaraciones por parte de España han tenido consecuencias inmediatas pues los líderes de las comunidades maya y azteca han forzado a llamar a consultas al embajador español en México.
EEUU posteriormente manifestó que tienen derecho a su desarrollo nuclear al igual que países como Pakistán o China y que no dudará en defenderse con toda contundencia de los posibles ataques a su territorio.
En muchos países occidentales, la medida anunciada por Obama ha sido acogida con el entusiamo habitual que despierta tan carismático líder entre los imanes occidentales más progres, jóvenes e ilusos que siguen manteniendo que Obama es el guía que llevará a la humanidad a nuevos desafíos.
Por su parte los diarios Afganistán News y The Guantánamo Times han reaccionado con frialdad a la noticia. El magnate sueco Nobel, en su línea habitual, ha decido hacer una donación a EEUU para su programa nuclear.

Sara Peilin. Washington.
Categorias: Bloque lecer, Humor
Divulgar conteúdo