Skip to Content

Leitor de feeds

Final do Certame de Folk de Radio Obradoiro

Música - qui, 10/14/2010 - 23:00
O próximo 22 de Xaneiro no Teatro Principal de Santiago, celebrarase a final na que tamén actuará o grupo Coanhadeira, gañadores da pasada edición.

Para esta edición, entran a concurso dous grupos galegos Atamis , Vou Trio, os asturianos Patriband Folk Orllestra, e os cataláns Keympa.

Categorias: Bloque cultura, Música

Inauguración do novo curso do CGTD

Deportes - sex, 09/10/2010 - 23:00
O Secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, inaugurará o vindeiro mércores 16 de setembro o curso 2009/2010 no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.

Matriz de formación bruta de capital fixo 2005

Ciencia - qua, 03/24/2010 - 17:06
O IGE publica hoxe na súa páxina web a Matriz de formación bruta de capital fixo 2005

 

Cantigas de emigración

Vídeos - qua, 03/24/2010 - 17:02

Esta peza é unha especie de videoclip concebido coma homenaxe aos emigrantes. Conta o drama do camiño e o camiñante.

Ten música de Fuxan os ventos, Amancio Prada e Benedito, e levou o segundo premio no IX Certamen de Cine Aficionado de Vilagarcía de Arousa, 1980.

Cantigas de emigración
Categorias: Bloque lecer, Vídeos

Con el sudor de tu frente

Vídeos - qua, 03/24/2010 - 17:02

Documental sobre o proceso de fabricación do pan, dende a sementeira do millo ata a mesa do consumidor


O ferrolán Salvador Ríos é un fotógrafo e cineasta que tivo unha ampla traxectoria no panorama do cinema afeccionado da decada dos 70, acadando diversos premios en numerosos festivais. Esta é unha das pezas recuperadas para o progama Memoria do Século XX.


2º Premio no Festival Internacional do Círculo das Artes de Lugo, onde tivo unha mención especial ao guión e á sonorización.

Con el sudor de tu frente
Categorias: Bloque lecer, Vídeos

Cadro

Vídeos - qua, 03/24/2010 - 17:02
O lugués Ulises Sarry é un completo artista plástico, escritor e ensaésta que tamén desenvolveu unha importante traxectoria no ámbito do cine afeccionado na Galicia dos 70. Cadro
Categorias: Bloque lecer, Vídeos

Hidroavión alemán DO-X

Vídeos - qua, 03/24/2010 - 17:02

Único documento cinematográfico que se conserva da chegada a Galicia do hidroavión DO-X, orgullo da aviación alemá,. O hidroavión fora construído en Rorschach, Suíza, con tres cubertas, sendo a de pasaxeiros apta para 170 persoas.. Á súa velocidade de cruceiro, de 170 quilómetros hora, tiña unha autonomía de doce horas. O DO-X saíu na súa viaxe inaugural o 9 de novembro de Alterbein (Ámsterdam), ao mando do comandate Christiansen. Dirixiuse ao pobo inglés de Calshot, onde efectuou varias probas, unha delas tendo como invitado ao mismísimo príncipe de Gales. O día 14 saíu para Bordeus, pero, debido á néboa, tivo que amarar na Rochelle. O día 20 o DOX saíu de Bordeus coa intención de realizar a viaxe directa cara á Coruña. Nesta época anterior ao radar, o xigante do aire ter que deter de urxencia en Santander, outra vez debido á néboa.


Ao final, á unha da tarde do 24 de novembro, como anunciara A voz de Galicia, o colosal paxaro mariño apareceu detrás da Torre de Hércules. Esta película recolle á mole tras o seu amerizaje, fronte á Illa do Castelo de San Antón, parándose xunto a abóiaa de amarre, fronte ao Náutico. Podemos ver, tamén, o antigo edificio do Hotel Atlantic.

Esta peza pertence á colección particular de Alfonso Bartolomé.

Hidroavión alemán DO-X
Categorias: Bloque lecer, Vídeos

Cabalos de monte ou a rapa das bestas

Vídeos - qua, 03/24/2010 - 17:02

O ferrolán Salvador Ríos é un fotografo e cineasta que tivo unha ampla traxectoria no panorama do cinema afeccionado da década dos 70, acadando diversos premios en numeroso festivais. Foi dos primeiros en documentar cinematograficamente a tradición galega da rapa das bestas.


Premio de "Información y Turismo" ao mellor documental no "II Certamen Internacional de Cine Aficcionado de Cuenca", de 1974.


2° premio no VII Festival Internacional de Lugo

Cabalos de monte ou a rapa das bestas
Categorias: Bloque lecer, Vídeos

A revolta dos mouses

Vídeos - qua, 03/24/2010 - 17:02
O mundo dos trebellos de papelería é feliz e cheo de cor: os lapiceiros, ceras, pinceis etc. debuxan despreocupados paisaxes de ríos, prados e frores cando de súpeto o chan ponse a tremer e no horizonte enxérgase unha xigantesca e pavorosa mancha gris que converte en liñas e números todo o que atopa ó seu paso: son os ratos de ordenador, e ameazan con destruír o mundo figurativo. A revolta dos mouses
Categorias: Bloque lecer, Vídeos

Sempre Xonxa

Vídeos - qua, 03/24/2010 - 17:02
Xonxa, Pancho e Birutas medran xuntos. Xa na adolescencia Birutas emigra a México e durante dez anos non hai noticias del. Ao cabo dese tempo, ben traxeado e dono dun bo coche, regresa a aldea coa certeza de que Xonxa o agarda... Pero Xonxa e Pancho casaron xa vai para tres anos e teñen unha filla “Xonxiña”. Birutas convence ao seu amigo de que na aldea non hai futuro e ofrécelle un posto de home de confianza á fronte dalgún dos seus negocios. Sempre Xonxa
Categorias: Bloque lecer, Vídeos

Sempre Xonxa en Petín

Vídeos - qua, 03/24/2010 - 17:02
Documental realizado no marco dun obradoiro, cos rapaces e rapazas de Petín, como homenaxe ao director Chano Piñeiro, no 10 aniversario do seu pasamento. Conta a experiencia vivida polos veciños de Petín que participaron no filme, combinada con imaxes da película, espazos da rodaxe e testemuñas diversas de persoas implicadas na produción. Tamén participan Uxía Blanco, Manolo González e Mari Luz Montes. Sempre Xonxa en Petín
Categorias: Bloque lecer, Vídeos

Ensaio

Vídeos - qua, 03/24/2010 - 17:02

Clara, unha moza produtora teatral, preséntase ao ensaio dunha obra. Hai un só actor e non hai director.

Rodada e estreada no Festivalito de La Palma no 2008. Premio á Mellor Curtametraxe, Premio do Público e Mellor Actriz.

Ensaio
Categorias: Bloque lecer, Vídeos

De bares: o trailer

Vídeos - qua, 03/24/2010 - 17:02
Óscar entra nun bar, facendo tempo antes de ir a buscar a súa noiva. Chámalle a atención a decoración: centos de fotografías enmarcadas nas paredes do local, como un gran album aberto de par en par. Cada fotografía constitue unha porta a una historia diferente.  o trailer
Categorias: Bloque lecer, Vídeos

Alimentación. Sal da miña vida

Sociedade - qua, 03/24/2010 - 17:00
Categorias: Bloque lecer, Sociedade
Divulgar conteúdo